A bañarse! / Taro Gomi
por Gomi, Taro [autor/a]; Gomi, Taro [ilustrador/a]; Fukuhara, Maki [tradutor/a].
Tipo: LibroEditor: Pontevedra : Kalandraka , 2023 Edición: 2ª ed.Descrición: 40 p. : il. cor ; 25 cm.ISBN: 9788413432335.Materia(s): Rutinas diarias | Baño | Hixiene | Fomento da autonomíaRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Un álbum divertido e cheo de sorpresas que aborda o hábito cotián do baño con graza e orixinalidade.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Emilia Pardo Bazán Sala préstamo | 82N-G GOM bañ | Dispoñible | Prelectores | O mundo que nos rodea | Lombo branco | CEC085000015616 |
|
A hora do baño pode ser un momento de xogo e diversión, como demostra esta obra do deseñador xaponés Taro Gomi. Ademais de gozar das ilustracións, realizadas dun modo similar ao que practican os nenos cos seus debuxos, «A bañarse!» tamén é unha ferramenta de apoio para que nais e pais axuden aos seus fillos a gañar en autonomía. A medida que poden ir prescindindo da axuda dos adultos para facer tarefas sinxelas, como comer sós ou asearse, os nenos necesitarán pautas de acción ou comportamento para aquilo que poden comezar
a facer por si mesmos.
A linguaxe infantil está presente ao longo de todo o libro, con onomatopeas, xogos visuais e de palabras que o converterán en algo próximo e atractivo. Ao protagonista do relato, como á maioría dos nenos, bañarse prodúcelle certa preguiza, sobre todo ao ter que dar por finalizada a hora de xogar.
Outra estratexia do autor é a de converter o neno -mediante un simple disfrace- nun animal como o león para transmitirlle a diferenza entre os animais salvaxes e os humanos: os primeiros non usan roupa nin se lavan con xabón...
Así, sacar o chaleco, o pantalón ou a roupa interior serán pasos ineludibles para acabar na bañeira, onde o xogo non ten por que concluír, se tamén ao momento do baño se lle bota certa imaxinación...
Unha das características da obra de Taro Gomi é a liberdade creativa e a tendencia a romper convencións impostas polo pudor da sociedade. Desta maneira, o ilustrador aposta por reflectir a nudez do neno con total naturalidade.
Un álbum divertido e cheo de sorpresas que aborda o hábito cotián do baño con graza e orixinalidade.