Melvina volve, creceu, agora é unha adolescente, o seu mundo cambiou e tamén o mundo de Masacá.
A adolescencia é unha terra misteriosa que se percorre sen mapas. Para Melvina esa non é só unha metáfora, senón un mundo novo cheo de perigos no que terá que resolver o enigma da súa propia felicidade perdida.
Unha historia que ten múltiples niveis de lectura e para todas as idades.