Quebracabezas : Recuperar, reciclar e reutilizar / Diego Bianki
by Bianki, Diego [Author]; Bianki, Diego [Illustrator]; Rodríguez, Manuela [Translator].
Type: BookPublisher: Pontevedra : Kalandraka , 2016 Edition: 1ª ed.Description: 56 p. : il.col; páxinas despregables no interior 24 x 30,5 cm.ISBN: 9788484649960.Uniform titles: Rompecabezas.Subject(s): Inclusión | Diversiones -- Cuentos | Reciclaxe-Libros infantís | Reciclaje | Plástica | Paz -- Contos | Valores | Igualdad -- Cuentos | Igualdade | RespectoOnline resources: Click here to access onlineThis record has many physical items (64). Click here to view them all.
Mención na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña 2015 (discapacidade) xogo; reciclaxe; contén
instruccións para elaborar un quebracabezas
a partir de caixas usadas, e suxerencias para
combinar as pezas.
Vídeo: https://youtu.be/GB0LixDCrAc
: diversidade, colectividade;
non exclusión, non discriminación; reciclaxe.
Pulgas, cans, parrulos, papagaios, gatos, moscas, coellos…
viven con nós xunto con milleiros de animais e de persoas.
Se contamos os que viven no ceo e máis aló das nubes, no espazo,
parece como se non houbera unha cifra na que puidésemos caber
todos, como se cada parte dese inmenso número fose unha peza
dun quebracabezas infinito. Mais, aínda que sexamos tantos
e parezamos tan distintos, hai algo no que somos iguais:
TODOS SOMOS DIFERENTES. E aínda que non haxa un número
no que caibamos, hai unha palabra na que si nos podemos atopar:
NÓS.
“Recuperar, reciclar e reutilizar” é o lema do autor á hora
de abordar o proceso artístico deste libro. Cun enfoque orixinal,
utilizando caixas de cartón, pintadas e encaixadas coma
un quebracabezas, Diego Bianki crea un mundo de diferentes
identidades que, á súa vez, se interrelacionan. Con este sinxelo
antídoto lúdico contra a discriminación e a exclusión, Diego Bianki
invita os lectores a xogar e a experimentar, a seguir sumando
novas combinacións para que cada quen constrúa o seu propio
catálogo de identidades infinitas, facendo este quebracabezas
cada vez máis grande.
1º-2º Primaria