Os contos do Ourizo / Serguéi Kozlov
por Kozlov, Serguéi [autor/a]; Celej, Zuzanna [ilustrador/a]; González Salgado, Ana María [tradutor/a].
Tipo: LibroEditor: Pontevedra : Kalandraka , 2023 Edición: 1ª ed.Descrición: 55 p. : il. cor ; 22 cm.ISBN: 9788413432182.Materia(s): Animais | Bosque | AmizadeRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: «Os contos do Ourizo» reúne sete fermosos relatos protagonizados por esta entrañable criatura e outros habitantes do bosque: o Osiño, o Coello, o Esquío… personaxes que transmiten tenrura e bondade, ledicia e sensibilidade. As súas vivencias falan de como apreciar cada momento, da autenticidade e a sinxeleza; convidan a reflexionar sobre a importancia de compartir, do respecto aos demais, do coidado á contorna... Son historias divertidas e conmovedoras en que están presentes os grandes temas da infancia -curiosidade, descubrimento, soños, medos…- e presentan a vida como un camiño a través do descoñecido, con xiros inesperados e voltas do destino.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Emilia Pardo Bazán Sala préstamo | 82N-G KOZ con | Dispoñible | Primeiros lectores | CEC085000015645 |
|
Desde hai máis de cincuenta anos, os clásicos de Serguéi Kozlov están presentes nas bibliotecas e os fogares de moitas familias.
Os seus contos atemporais, escritos con claridade, emoción e un humor sutil, alimentaron a imaxinación de varias xeracións de nenas e nenos. A súa obra remite a outras series emblemáticas como tigre pequeno e oso pequeno de Janosch ou as fábulas contemporáneas de Arnold Lobel.
As ilustracións de Zuzanna Celej envolven os textos con dozura a base de acuarelas de tons suaves e augados sobre as que destaca o trazo delicado dos lapis.
«Os contos do Ourizo» reúne sete fermosos relatos protagonizados por esta entrañable criatura e outros habitantes do bosque: o Osiño, o Coello, o Esquío… personaxes que transmiten tenrura e bondade, ledicia e sensibilidade. As súas vivencias falan de como apreciar cada momento, da autenticidade e a sinxeleza; convidan a reflexionar sobre a importancia de compartir, do respecto aos demais, do coidado á contorna... Son historias divertidas e conmovedoras en que están presentes os grandes temas da infancia -curiosidade, descubrimento, soños, medos…- e presentan a vida como un camiño a través do descoñecido, con xiros inesperados e voltas do destino.
1º-2º Primaria