Cortizas, Antón

Tastarasbás :Enciclopedia de brinquedos tradicionais / Antón Cortizas - tela - Vigo :XERAIS ,2013 - 1076 p. :il. col. ;28cm

Froito de dez anos de traballo, velaquí temos "Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza". Nesta obra, o autor, ao longo de máis de mil páxinas, ofrece un extenso catálogo dos brinquedos e enredos diversos que forman parte da nosa tradición cultural lúdica. Máis de 2.500 fotografías acompañan os arredor de 1000 brinquedos, enredos e mesmo brincadeiras efémeras que compoñen o volume, todos eles descritos de forma pormenorizada e completados con informacións sobre o seu uso, a dificultade de construcción, as súas variantes, os lugares de recollida das informacións, anécdotas dos informantes relativas aos xoguetes descritos e tamén textos literarios ou doutra índole, nos cales un gran número de autores se refiren a eles. Velaquí un libro de divulgación que recompila nun só volume a meirande parte dos xoguetes tradicionais que formaron parte da nosa cultura, clasificados en brinquedos do mundo animal, vexetal e inanimado, brinquedos de enxeño e habilidade, bonecas, brinquedos de desprazamento e transporte, arsenal infantil, brinquedos sonoros e xoguetes ou elementos para xogos regrados, entre outros. ANTÓN CORTIZAS é mestre de profesión e autor de varios dos máis importantes títulos da literatura infantil e xuvenil galega. Recibíu varios premios como o de teatro infantil XERACIÓN NÓS e o MERLÍN no ano 2001, entre outros. Con "Trastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza" continúa o labor de investigación que xa comezara hai doce anos con "Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares"

9788499144863


Xogos
Xogos populares
Tradicións
Galicia
Brinquedos

03

Coa tecnoloxía Koha